domingo, 19 de junio de 2016

EN VACACIÓNS, LER EN FAMILIA.

 
Chega o verán e, con el, a tregua que cada ano concedémonos para recuperar o corpo e o espírito.
Hai moitos días por diante ata que comece o novo curso escolar e, para loitar contra a rutina, é preciso fomentar entre entre @s  nos@s nen@
mellores afeccións. Debemos recuperar o papel e abandonar as pantallas, aínda que só sexa durante unhas horas ao día; xunto ao mar ou na piscina, á sombra dunha árbore , ou aniñados nunha cadeira de brazos; sós ou en familia. A lectura pode ser divertida, entretida e intelectualmente enriquecedora, pero será difícil que neñ@s e moz@s se dedíquen a ler durante as súas vacacións se non desenvolven un hábito lector que lles permita gozala.

Temos que meter algún libro na maleta!!!. Para elixilo, na páxina principal do o noso blogue, propoñémosche algúns libros que nós escollemos e clasificamos por idades AQUÍ , tamén podemos acudir  algunha das moitas páxinas da internet nas que se apuntan e clasifican obras seguindo os máis diversos criterios: idades, temáticas, autores, estilos, etc.

Existen numerosas formas de incentivar a lectura de verán en familia. Propoñémosche, facerche socios da biblioteca do teu barrio e visitala periodicamente, algunhas bibliotecas están instaladas sobre a mesma area e  permítenos gozar tanto dos grandes clásicos como das últimas novidades editoriais, comentar as lecturas entre a familia e cos amig@s, visitar feiras e salóns literarios, acudir en familia a librerías e ata comprar libros dixitais ou por Internet, estas son tan só algunhas das accións que poden dinamizar os hábitos lectores dos teus fill@s.

viernes, 13 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016. MANUEL MARÍA

O título: “CANTA O CUCO. Magín e Uxía cantan a Manuel María” fai alusión ao canto do paxaro como símbolo de confianza no futuro, vínculo de compromiso e espertar a enerxía da natureza e a terra


domingo, 10 de abril de 2016

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO.

 
Cinco consellos para converter a un neno nun gran lector:

1.- O libro debe ser visto como un xoguete, desde moi pequeniños teñen que tocalos, xogar con eles, investigar. Isto é esencial para que, cando crezan, non vexan os libros como algo aburrido.
2.- Obrigar a ler é un gran erro. Hai que conseguir que os nenos lean pola súa conta e isto lógrase cando ven a lectura como unha satisfacción.
3.- Pedir consello e visitar as bibliotecas pode ser moi útil para dar co libro e a contorna adecuada xa que, en moitas ocasións, non sabemos que libro é o máis recomendado para certa idade ou para certos nenos. Que o libro enganche é clave para que non perdan a rutina de lectura.
4.- Deixar que os nenos elixan o libro. Os pequenos teñen que atopar os libros que máis lles atraian e axústense ás súas afeccións. Iso si, sempre hai que revisar que o contido e o vocabulario é o adecuado á súa idade. Ademais, isto tamén lle serve para aprender a escoller, algo que aos nenos cústalles moito.
5.- E o máis importante..., os maiores deben predicar co exemplo e ler! Se queremos que os nenos lean deben ver que os maiores lemos, xa que normalmente tenden a imitar os comportamentos dos adultos que lles rodean. Así que... todos a ler!
 (abc_familia)

viernes, 18 de marzo de 2016

viernes, 22 de enero de 2016

CAMPAÑAS DE FOMENTO DA LECTURA (I)

O problema da falta de gusto pola lectura, Xullo Cortázar explicouno así: "Un cronopio pequeniño buscaba a chave da porta de rúa na mesa de luz, a mesa de luz no dormitorio, o dormitorio na casa, a casa na rúa. Aquí detíñase o cronopio, pois para saír á rúa precisaba a chave da porta?. A chave que nos permitiría crear lectores é a mesma que protexe os valores da sociedade na que vivimos. E se eses valores alentan ao fácil, o rápido e o superficial, non podemos pretender que tamén alenten o difícil, o lento, o profundo, as calidades que definen a arte de ler."


Cada ano as librerías e asociacións agudizan humor e enxeño para promover a lectura.
O libro correcto, sempre che fará compañía
Este é o lema elixido en 2013 por Steimatzky(é a máis antiga e máis grande librería en cadea en
Israel, fundado por Yechezkel Steimatzky en 1925). Esta campaña converte  en compañeiros de soño a personaxes tan variados como Pipi Calzaslargas, Gandalf, Stalin ou Don Quixote.
 
 
 
 
 

martes, 15 de diciembre de 2015

TÍTULOS MOI DO NADAL.



Nestes frios días de Nadal, entre a calor das mantas da cama en horas inhabituais, ao lado dun bo lume ou ao redor da saia dunha mesa cunha bebida ben quente, todo anima a quedarse na casa gozando da compañía dun libro, por iso, ofrecémosche unha  selección de títulos moi do Nadal. PICA AQUÍ