Busca
tempo para ler xuntos e falar sobre os libros que ledes. Si dispós de tempo
extra durante as vacacións, ler un libro máis longo en voz alta, por
exemplo, un libro de capítulos ou unha novela infantil. Gozaredes do tempo que
pasedes xuntos e de descubrir un bo conto.
Contar contos:
Aproveita
a época de festas para contar historias da túa niñez. Pida aos teus parentes
e amigos que compartan as súas historias tamén. O escoitar historias axuda
aos nenos a mellorar a súa lectura. Ademais, as historias familiares son unha
parte importante da herdanza do teu fillo.
Visitar a biblioteca:
Leva aos
teus fillos á biblioteca. Dalle tempo para revisar algunhas
seleccións na sección infantil. É o momento perfecto, para ver o que hai nos
estantes,
aprender sobre novas tradicións e festas, podes busca libros infantís ou artigos
en Internet sobre as túas propias festas, tradicións especiais e outras
celebracións invernais. Talvez o teu fillo pódelle interesar aprender algo
sobre as celebracións do Nadal en outras partes do mundo.
O agasallo da lectura. Dar libros:
Regala ao
teu fillo un libro para as festas. Non ten que ser novo, pode compartir un
libro favorito, ou buscar un libro antigo e interesante nunha tenda de
libros usados. Si os teus parentes buscan ideas sobre un agasallo, pídalles
este ano que regalen un libro.
Buscar outros agasallos relacionados coa lectura e a escritura: Da ao teu
fillo algúns cómics, revistas ou unhas tarxetas especiais para escribir
cartas. É un bo momento de buscar algo relacionado cos seus intereses , como os deportes, a natureza e a arte.
Viaxes familiares. Facer divertidas as viaxes:
Si vades
viaxar durante as vacacións, busca mapas e libros turísticos sobre o teu
destino. Ambos son un bo xeito de prepararse para a viaxe ¡e para pasar o tempo no coche ou o avión!
Libros en audio: Si vades estar no coche durante viaxes longas, alugua libros
audibles na biblioteca. Piea ao teu fillo que te axude a escoller os libros
para a viaxe.
Ideas de escritura. Escribir cartas e notas:
Axuda ao
seu fillo a escribir cartas ou correos electrónicos aos seus parentes e
amigos.
Facer listas: Pida ao seu fillo que lle axude a escribir listas de compras,
ideas de actividades ou os horarios de televisión e películas, ¡e unha gran axuda para os adultos tamén!
Aínda si non tes moito tempo nestas vacacións, o dedicar algúns minutos ou
horas extra lendo xuntos pode marcar unha diferenza importante para o teu
fillo. E quen sabe? ¡Talvez crearas unha nova rutina de lectura para o ano
novo!