viernes, 24 de abril de 2015

LER FAINOS FELICES? BREVE REFLEXIÓN NO DÍA MUNDIAL DO LIBRO.


Tal como formula o título, a pregunta sobre se ler nos fai máis felices responderíaa de xeito subxectivo e crendo nulo o risco a equivocarme, cun grande SI. Si, a lectura lévanos da man a historias, épocas e personaxes, isto á súa vez achéganos ao coñecemento doutras culturas, de explotar a imaxinación con mundos ficticios e apaixonantes. Si, a lectura é o medio formal polo que escalamos na nosa formación académica, o que nos responde intereses, gustos, estudos especializados. E si, é un medio colectivo de desfrute persoal que encerra o perigo de poñer a pensar; é por isto que as sociedades opresoras, as reais e as de ficción, restrinxen o uso destes, persegue os seus autores e fai piras con libros que non van coa súa forma de pensamento.
Agora ben, non só se trata dunha resposta subxectiva, a ciencia explica que os libros son produtos experienciales, é dicir, aqueles que provén situacións novas a quen os consume, próximo ás vacacións, os espectáculos, as comidas sociais. Un estudo publicado no Journal of Consumer Psychology suxire o anterior e isto coloca os libros como os produtos máis queridos para os consumidores que buscan estes praceres. Os motivos polos que se acode os libros como produtos experienciales é o que comentabamos liñas arriba, os libros nos fan pensar, sentir, provocan empatía e emocións, nos cultivan, elevan o noso vocabulario, insírennos en cidades e culturas afastadas, e así un montón de beneficios.
Por isto e por todo o que persoalmente vivimos a través dos libros, hoxe é un bo día para festexalos. Feliz Día do Libro!
(Por Ivonne Lara)