miércoles, 5 de marzo de 2014

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. EDUCAR EN IGUALDADE


EDUCAR EN IGUALDADE


 Decálogo. 10 pasos para Xogar Educando en Igualdade.
Dar e recibir agasallos son momentos moi especiais durante a infancia. O papel de cores envolve moito máis que un obxecto, xa que os agasallos tráenlles ilusión, soños, desexos e valores cos que construír un mundo máis xusto e igualitario
.

- I. Cada agasallo, do mesmo xeito que cada persoa, é diferente, único e especial. Cando vaias facer un agasallo, pensa na idade, as aficcions de quen o vai a recibir e as portas que lles vas abrir. Os xogos e xoguetes axudan a explorar universos non coñecidos. Recorda que ás nenas gústalles vivir mil aventuras e que aos nenos tamén lles gusta coidar.

- II. ¡Como no arco iris, existe un millón de cores máis aló do rosa e o azul! O importante dun triciclo, un patín ou unha bici é que teña rodas, sexa seguro e dure moitos anos, non a cor ou o personaxe de moda que leve pintado.

 - III. Comparte xogos cooperativos e non competitivos. As actividades en equipo son moi divertidas, para enredarse en miles de aventuras.


- IV. Ler, contar historias, escoitar contos axúdalles a viaxar a través da imaxinación e a soñar co mundo no que queremos vivir. As historias que lles sorprenden rompen cos estereotipos de mozas e mozos, abren portas á igualdade e ensínannos a gozar dun mundo sen violencia.

- V. Os agasallos máis sofisticados non son os máis divertidos. Hai moitos obxectos cotiáns que se poden converter en juguetes personalizados que fomentan a creatividade. ¡En casa e na rúa hai miles de cousas que poden servir para crear os teus xoguetes!

- VI. Ese juguete do que María está farta pode converterse no favorito de Xoan. Cada vez existen máis espazos para o intercambio, préstamo ou compartir juguetes. ¡Busca o máis próximo!

- VII. Atrévete con obxectos non convencionais fose dos catálogos. A bricolaxe, os vellos vestidos ou ese caixón cheo de cousas que xa non utilizas poden ser recicladas e converterse no que ti queiras.

- VIII. Fai memoria. Cales eran os teus xogos e juguetes favoritos na infancia? Tabas de óso, cromos de cartón, canicas de barro, instrumentos musicais con botellas... Ensina aos nenos e as nenas a crear as súas propios juguetes.

- IX. Os juguetes, por definición, non poden facer dano. Si vas comprar un, pregúnta sobre a súa orixe e elixe aqueles juguetes feitos de xeito xusto, solidaria e sostenible.

- X. Recorda que o mellor agasallo que podes ofrecer é o teu tempo. Reserva horas para o xogo creativo e variado, que permita desenvolver todo tipo de habilidades. Axúdalles a inventar historias de igualdade, de solidariedade, de paz.

 Os mellores juguetes e xogos son os que lles axudan a explorar o mundo a través da imaxinación, relacionándose con todo tipo de nenos e nenas, axudándolles a crecer desde a igualdade, a paz e o respecto ao medio ambiente.