domingo, 10 de abril de 2016

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO.

 
Cinco consellos para converter a un neno nun gran lector:

1.- O libro debe ser visto como un xoguete, desde moi pequeniños teñen que tocalos, xogar con eles, investigar. Isto é esencial para que, cando crezan, non vexan os libros como algo aburrido.
2.- Obrigar a ler é un gran erro. Hai que conseguir que os nenos lean pola súa conta e isto lógrase cando ven a lectura como unha satisfacción.
3.- Pedir consello e visitar as bibliotecas pode ser moi útil para dar co libro e a contorna adecuada xa que, en moitas ocasións, non sabemos que libro é o máis recomendado para certa idade ou para certos nenos. Que o libro enganche é clave para que non perdan a rutina de lectura.
4.- Deixar que os nenos elixan o libro. Os pequenos teñen que atopar os libros que máis lles atraian e axústense ás súas afeccións. Iso si, sempre hai que revisar que o contido e o vocabulario é o adecuado á súa idade. Ademais, isto tamén lle serve para aprender a escoller, algo que aos nenos cústalles moito.
5.- E o máis importante..., os maiores deben predicar co exemplo e ler! Se queremos que os nenos lean deben ver que os maiores lemos, xa que normalmente tenden a imitar os comportamentos dos adultos que lles rodean. Así que... todos a ler!
 (abc_familia)