O problema da falta de gusto pola lectura, Xullo Cortázar explicouno así: "Un cronopio pequeniño buscaba a chave da porta de rúa na mesa de luz, a mesa de luz no dormitorio, o dormitorio na casa, a casa na rúa. Aquí detíñase o cronopio, pois para saír á rúa precisaba a chave da porta?. A chave que nos permitiría crear lectores é a mesma que protexe os valores da sociedade na que vivimos. E se eses valores alentan ao fácil, o rápido e o superficial, non podemos pretender que tamén alenten o difícil, o lento, o profundo, as calidades que definen a arte de ler."
Cada ano as librerías e asociacións agudizan humor e enxeño para promover a lectura. O libro correcto, sempre che fará compañía Este é o lema elixido en 2013 por Steimatzky(é a máis antiga e máis grande librería en cadea en Israel, fundado por Yechezkel Steimatzky en 1925). Esta campaña converte en compañeiros de soño a personaxes tan variados como Pipi Calzaslargas, Gandalf, Stalin ou Don Quixote.