jueves, 1 de octubre de 2015

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS.(I)

Como estimular o interese dos nen@s na Biblioteca.(I)


Axudar aos seus fill@s para gozar da lectura é unha das cousas máis importantes que Ud. pode facer como pai ou nai de familia, e é algo que xustificará amplamente o tempo e o esforzo que lle dedíque. Os nenos e nenas aprenden a ler na escola; con todo, con frecuencia asocian a lectura co traballo máis que co pracer. Como resultado, perden o desexo de ler. Ese desexo, esa combinación de curiosidade e de interese, é precisamente a clave de saber utilizar a lectura e outros coñecementos relacionados con ela.
Para que os seus fill@s teñan experiencias como esta, Ud. non ten que ter moitos libros propios. A biblioteca pública da súa comunidade ofrécelle moitos libros e moitos outros recursos valiosos. Aquí ofrecémoslle algunhas suxestións para estimular o interese dos seus fill@s na biblioteca:


Visite o departamento dedicado aos nen@s na súa biblioteca.
Hoxe día, un dos departamentos máis interesantes e novos da biblioteca é o departamento dedicado aos nenos e nenas e adolescentes. A maioría das bibliotecas públicas ofrecen agora unha ampla variedade de libros e revistas para nen@s e adolescentes.
Moitas das bibliotecas teñen bibliotecarios especialmente preparados para atender e axudar aos nenos e adolescentes a atopar os libros ou outros materiais que desexan. Ademais, a maioría das bibliotecas prestan casetes de son ou CDs de libros lidos e de música, e DVDs de películas adecuadas para os nenos e adolescentes. Moitas bibliotecas tamén ofrecen servizos moi valiosos para nenos e adolescentes tales como axuda na preparación de tarefas, e servizos de información e referencia.


Axude aos seus fillos e fillas para elixir libros que lles interese
Teña en mente que os nen@s pequenos maiormente gozan os libros que se tratan de persoas, lugares e cousas que son similares ás que eles coñecen. Os libros poden tratarse sobre o lugar onde viven ou sobre aspectos da súa cultura, xa sexa a súa relixión, os seus días festivos, ou a maneira en que se visten. Se o seu neno ten algún interese especial, así como os dinosauros ou bailarinas de ballet, busque libros con eses temas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario