domingo, 19 de junio de 2016

EN VACACIÓNS, LER EN FAMILIA.

 
Chega o verán e, con el, a tregua que cada ano concedémonos para recuperar o corpo e o espírito.
Hai moitos días por diante ata que comece o novo curso escolar e, para loitar contra a rutina, é preciso fomentar entre entre @s  nos@s nen@
mellores afeccións. Debemos recuperar o papel e abandonar as pantallas, aínda que só sexa durante unhas horas ao día; xunto ao mar ou na piscina, á sombra dunha árbore , ou aniñados nunha cadeira de brazos; sós ou en familia. A lectura pode ser divertida, entretida e intelectualmente enriquecedora, pero será difícil que neñ@s e moz@s se dedíquen a ler durante as súas vacacións se non desenvolven un hábito lector que lles permita gozala.

Temos que meter algún libro na maleta!!!. Para elixilo, na páxina principal do o noso blogue, propoñémosche algúns libros que nós escollemos e clasificamos por idades AQUÍ , tamén podemos acudir  algunha das moitas páxinas da internet nas que se apuntan e clasifican obras seguindo os máis diversos criterios: idades, temáticas, autores, estilos, etc.

Existen numerosas formas de incentivar a lectura de verán en familia. Propoñémosche, facerche socios da biblioteca do teu barrio e visitala periodicamente, algunhas bibliotecas están instaladas sobre a mesma area e  permítenos gozar tanto dos grandes clásicos como das últimas novidades editoriais, comentar as lecturas entre a familia e cos amig@s, visitar feiras e salóns literarios, acudir en familia a librerías e ata comprar libros dixitais ou por Internet, estas son tan só algunhas das accións que poden dinamizar os hábitos lectores dos teus fill@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario