jueves, 15 de septiembre de 2016

COMEZAMOS...!!! ANIMAR A LER DESDE A FAMILIA


Animar a ler desde a familia esixe constancia e entusiasmo, así como propiciar situacións que provoquen o contaxio e xeren no neno unha duradeira e positiva predisposición cara aos libros.

Algúns consellos para facelo ben
Os momentos compartidos de lectura reforzan os lazos afectivos e crean nos fillos sensacións e recordos perdurables para toda a vida. Pero ler non é un exercicio trivial, nin animar a ler unha tarefa
puntual. Ambas as accións forman parte dun proceso que se vai consolidando e que vai dando os seus froitos co tempo, e no que os primeiros pasos son moi importantes.

BUSCAR UN TEMPO E UN LUGAR PARA LER COS NENOS
... e incorporalos ás rutinas do fogar. Non é imprescindible ler todos os días, pero convertelo en algo cotián e natural axudará aos nenos para valorar positivamente a lectura

FACER DA LECTURA UN TEMPO DIVERTIDO
Cando os nenos son pequenos pódense ler historias xogando coa voz ou entoando poemas e cancións

SER MODELOS A IMITAR
O exemplo é importante, os nenos imitan oque ven. Optar por un xornal, unha revista ou un libro demostraralles que para a súa familia ler é gratificante

CREAR ESPAZOS  EN CASA PARA TER LIBROS
E outros materiais de lectura, para que os membros da familia poidan acceder a eles de forma cómoda
e natural. Crear para o neno a súa biblioteca persoal reforzará o seu afecto cara aos libros

COMBINAR DIFERENTES SOPORTES DE LECTURA
Desde as primeiras idades, os audiovisuais son unha alternativa estupenda para enriquecer a experiencia lectora dos fillos coa súa particular linguaxe e os seus contidos

RESPECTAR A INDIVIDUALIDADE
Ofrecer variedade e calidade respectando a subxectividade de cada lector

CALQUERA MOTIVO PODE SER BO PARA LER
Situacións cotiás como preparar unha excursión, facer unha sobremesa saboroso, coñecer as regras dun xogo... As guías turísticas, os receitarios de cociña, os xornais, os manuais de instrucións ou a
publicidade serven ao neno para comprobar que ler é importante.
Nunca é demasiado pronto nin demasiado tarde para IR Á BIBLIOTECA OU AO BIBLIOBÚS Son espazos onde se pode atopar o libro que necesita cada lector e descubir múltiples formas de gozar coa lectura
VISITAR COS NENOS AS LIBRERÍAS
Darlles a oportunidade de escoller un libro, de buscar entre todas as posibilidades que ofrecen. O libreiro poderá descubrir un título, aconsellar un libro para regalar e axudar a iniciar unha biblioteca propia

LER NON DEBE SER UNHA OBRIGACIÓN
... Nin para os adultos nin para os seus fillos, senón un pracer que poden descubrir xuntos

E cando os nenos xa saiban ler... SEGUIR COMPARTINDO A LECTURA EN FAMILIA.
A eles gústalles escoitar historias a calquera idade, e seguen necesitando estímulo. Tratar de elixir lecturas adecuadas á idade, respectando os seus gustos e intereses. E preguntarlles por elas;
mostrar interese polos libros que len os fillos animará a estes a ser lectores activos

Familia y lectura. © Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil
Salamanca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario